domingo, 25 de febrero de 2018

Aprender xogando.

Coas cartas aprendemos xogando: recoñecemos os números 1, 2 e 3 e clasificámolas según o número que aparece na carta, clasificamos tamén según o número de debuxos que teñen (1, 2 ou 3), asociamos número cantidade, etc.

Aprendemos moitísimo xogando e aínda que destas actividades neste momento só teño fotos da miña aula, son actividades que se levan a cabo nas dúas clases de tres anos.
Son actividades de lóxica-matemática que facemos na asamblea a miúdo.



No ximnasio, na hora de Psicomotricidade, estamos practicando circuítos nos que traballamos o equilibrio, a lateralidade e alternacia de pés, os saltos cos pés xuntos e separados, o gateo, etc.
Aqui nos tendes, XOANIÑAS e PIRATAS en acción.




Seguiremos actualizando. . .

Bicos.





Entroido 4ª parte: As xoaniñas no desfile! ! !

Grazas ás familias que nos fixeron de fotógrafas nese día! ! !
Agora si, imos poñer os mellores momentos das XOANIÑAS no desfile! ! !


Pasámolo moi ben facendo de mariscadoras e mariscadores! ! !

Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


Afundación: A nena e o grilo nun barquiño.

Acudimos á nosa primeira excursión deste curso en Afundación.
Alí pasámolo xenial vendo esta estupenda función de música e teatro.



Con este espectáculo de Magín Blanco, as dúas personaxes da historia viven unha viaxe coa que descubren o mundo a través de distintas aventuras que inciden na solidariedade, o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo.

Aqui vos deixamos unhas fotiños da visita.



Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.


domingo, 18 de febrero de 2018

Entroido 3ª Parte: desfile e actuación.

E agora a sesión vídeo con fotos do desfile e da actuación d@s pequen@s mariscador@s, pero disto só teño fotos da CLASE DOS PIRATAS. Grazas ás mamis da miña clase que me fixeron de fotógrafas ! ! !

Se alguén nos fai chegar nun pen fotos da CLASE DAS XOANIÑAS facemos outra montaxe para poder compartilas tamén.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


Entroido 2018: 2ª Parte

Imos amosarvos o ben que merendamos os produtos típicos de Entroido.
Probamos as filloas, as orellas e as rosquillas e todo estaba riquísimo.
Grazas familias pola vosa colaboración aportando esta merenda especial ! ! !


Tamén posamos co noso atuendo de mariscador@s.







Seguiremos actualizando. . .

Bicos.







viernes, 16 de febrero de 2018

Entroido 2018: 1ª parte.

Imos coa primeira parte das fotos deste Entroido.
Aqui nos tendes seguindo ao pé da letra os MANDADIÑOS DO MECO.

O luns viñemos ao cole coas nosas mellores galas: as de durmir, por suposto.



O martes tocou traer a cabeza adornada.


O mércores. . . ¿recoñecedes os nosos pés?


Posamos coas caras pintadas o xoves.


E agora tomade asiento, que ven o vídeo resumo dos nosos mellores momentos seguindo os MANDADIÑOS DO MECO.


Ainda quedan moitas fotos ! ! !

Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.




domingo, 4 de febrero de 2018

Preparad@s para o Entroido 2018 ! ! !

Esta semana O Meco xa dou instruccións para pasalo ben e vir como choqueir@s ao colexio.
Os mandadiños do Meco este ano son:

Image result for ENTROIDO 2018

LUNS: SE CHE CUSTOU LEVANTARTE DA CAMA, PODES VIR CO CAMISÓN, A BATA OU O PIXAMA. ( E NON ESQUEZAS O PELUCHE DE DURMIR! ! !)

MARTES: PARA VIR HOXE AO COLE, PON NA CABEZA ALGO QUE MOLE, (GORROS, PERRUCAS, ETC)

MÉRCORES: HOXE PARA ENTRAR REVISAREMOS OS TEUS PÉS, TEÑEN QUE VIR LIMPOS E ADORNADOS Á VEZ.

XOVES: CHEGOU O MOMENTO DE INVENTAR, QUE SE VEXA NA CARA O ARTISTA QUE SERÁS. (CARA PINTADA)

VENRES: O ALUMNADO DE 3 ANOS DISFRAZADOS DE MARISCADOR@S.

AXUDA DAS FAMILIAS ! ! !

Precisamos da vosa axuda para que o alumnado ensaie a súa actuación de Entroido coas súas ferramentas de mariscador@s. 

Image result for cuboplayaImage result for rastrillo playa

Por iso, necesitamos que o antes posible (se pode ser mañá, mellor que mellor) mandedes ao colexio o cubo e o rastrillo para ensaiar correctamente e que saiban como manexalos na actuación do venres. 
É moi importante que o cubo e o rastrillo veñan co nome dos vosos fill@s posto para que nada se extravíe e poidamos organizarnos mellor.

Grazas de antemán pola vosa colaboración! ! !

A MERENDA DO VENRES 9 DE FEBREIRO ! ! !

Este día faremos unha merenda especial, polo que precisamos que os vosos fill@s traian á escola produtos típicos de Entroido para degustar e compartir.: filloas, orellas, rosquillas. . . 

Image result for filloas  Image result for orellas entroido  Image result for rosquillas entroido

O  DESFILE A AS ACTUACIÓNS DE ENTROIDO ! ! !

Estades convidad@s a ver o noso desfile a as actuacións de Entroido no Pavillón do colexio ás 12:00.

Para contribuír e colaborar á boa organización e tranquilidade do alumnado precisamos que respectedes os espazos destinados ás familias e non entredes na pista onde se atopa o alumnado.
Pensade que levamos xa días ensaiando. . . e o que nos queda. . . Sería unha pena que non se poida sacar adiante a actuación con todo o alumnado, e a experiencia dinos que cando as familias baixan á pista e/ou achéganse demasiado o alumnado ponse nervioso , incluso algúns choran e queren ir ás gradas e finalmente non vedes o ben que o fan.

O acceso das familias farase pola porta traseira do Pavillón (isto é moi importante , pois precisamos da porta principal do recinto para a entrada de todo o alumnado e para iso non pode haber  familiares polo medio sacando fotos e dificultando o acceso) . 

Podedes sentarvos nas gradas para ver todo o desfile e as actuacóns dos distintos cursos. Dende as gradas vaise poder ver todas as actuacións perfectamente e poderedes sacar fotos.

Convidamos ás familias que veñades a vernos a que vos animedes a vir disfrazados seguindo a temática do Entroido no colexio este curso: A Ría do Burgo.

Lembrade que ao remate do desfile o alumnado volta ás aulas e a saída e a entrega dos mesmos faise no horario habitual.

Bicos.



sábado, 3 de febrero de 2018

Seguimos cos pitiños ! ! !

As profes inventaron un xogo co que asociar número e cantidade. Chámase : AS GALIÑAS POÑEDORAS.

Temos unhas galiñas cun número e unha caixiña con tapóns que simulan ser os ovos.
Temos que poñer a cada galiña tantos ovos como indica o seu número.

Aqui nos tendes contando ovos. . . 




Tamén estamos aprendendo as partes do corpo dos pitiños e comparándoas co noso corpo.


Seguiremos actualizando.

Bicos.


A cuentista de Aroa e o Monstro Rosa ! ! !

Esta semana Aroa sorprendeunos a tod@s resultando ser unha gran contadora de contos ! ! !



Trouxo á escola o conto do Monstro Rosa. Este é un conto moi fermoso para entender o valor da diversidade como algo enriquecedor na nosa sociedade.

Pareceunos que tiña que ser un conto compartido e contado nas dúas clases.


Grazas Aroa por compartir e por contalo tan ben! ! !

Bicos.


30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

O pasado día 30 conmemoramos no colexio o dia da paz.
Os días anteriores ensaiamos a letra e o baile da canción da paz: Apertas que voan, de Paco Nogueiras.


Ensaiamos as dúas clases xuntas na aula de Música e tamén cada un na súa clase coa axuda dos nen@s maiores de 6º.


Preparamos unhas mans brancas nas clases para decorar a nosa ÁRBORE DA PAZ.
Cando rematamos de colocar as nosas mans na árbore, sacamos unhas divertidas fotos tod@s xunt@s.

Despois do recreo posamos para facer unhas letras cunha mensaxe de paz entre tod@s @s nen@s do colexio e cantamos a bailamos a canción da paz.

Aqui vos deixamos unha escolma en imaxes desta data tan sinalada.


E tamén un conto que traballamos nas clases que se titula: La paloma Maripaz


Seguiremos actualizando.

Bicos.