martes, 29 de agosto de 2017

Visita ás clases de 1º e 2º de Primaria

Os derradeiros días de curso visitamos as clases de 1º e 2º de Primaria.
Alí os nosos compañeir@s maiores respostaron ás nosas dúbidas e inquedanzas sobre a nova etapa que nos agarda e mesmo agasalláronos cuns fermosos debuxos de benvida.

E. . . un pequeno segredo. . . nunha das clases non había ninguén e. . . fixemos como no conto dos tres osiños: sentámonos nas súas cadeiras e probamos as súas mesas 🙈.

Tamén visitamos o Departamento de Orientación e alí estivemos falando con Carmen que se alegrou moito de recibir a nosa visita.

Temos que agradecer á profe Bea que nos acompañase e fixese de fotógrafa na nosa visita a Primaria.
Grazas Bea! ! !

E agora as fotos da nosa visita. . .


Seguiremos actualizando.

Bicos.