domingo, 30 de abril de 2017

Semana do Libro: Centenario do nacemento de Gloria Fuertes

Resultado de imagen de gloria fuertes

Esta semana do libro adicámonos a coñecer un pouco máis á poeta d@s nen@s e achegámonos á figura de Gloria Fuertes, pasámolo xenial e rímonos moito escoitando as súas poesías.


Pronto veredes un pequeno dosier  con algunhas das cousiñas que aprendimos sobre ela.


Bicos.




domingo, 23 de abril de 2017

Visita ao Monte de San Pedro

Antes das vacacións de Semana Santa visitamos o Monte de San Pedro.
Para iso primeiro preparámonos vendo un vídeo no cole cos monitores que logo nos guiaron pola visita.
Nese vídeo aprendimos moito dos animais e a vexetación que nos agardaba na nosa visita ao parque.




Logo na aula fixemos un taller no que elaboramos uns títeres con personaxes que viven no monte.
Tamén fixemos un Teatrillo no que presentamos os nosos personaxes aos compañeir@s e contámoslles como viven e de que se alimentan.



Ao fin chegou o ansiado momento da visita, non tivemos boa sorte co día pois estaba nubrado e facía frío, pero aínda así desfrutamos moitísimo e á vorta fixemos uns fermosos debuxos onde plasmamos as nosas impresións da visita.




Moitas grazas a Paula e Noel, os monitores da visita, por ensinarnos tantas cousas.

Bicos.


Ensalada mixta de cousas que ainda non vos ensinamos.

Temos algunhas cousiñas pendentes que aínda non vos amosamos, así que comezamos cos distintos ingredientes da nosa ensalada.

Para comezar seguimos amosándovos as actividades plásticas que facemos cos contos que pedimos aos Reis Magos e Papá Noel para traballar na clase. 

Olaya trouxo o conto :La conejita Marcela.



Coma sempre, primeiro facemos actividades de maneira oral nas nosas sesións de xogar a pensar, neste caso falamos do respeto pola diversidade e as necesidades dos demais e como actividade plástica fixemos unha caixiña con forma de coello.
Aqui tendes o resultado.


Fixemos coelliños de todas as cores.


Rematando o proxecto da Granxa, traballamos as secuencias temporais co conto: Os tres porquiños.




E tamén aprendimos cousas dos vexetais da granxa e as partes das árbores.


Bicos.


Aniversario de Manu Nistal ! ! !

Esta semana celebramos o aniversario de Manu Nistal.
O noso amigo soprou a vela co número seis axudado por todos nós e posando co mono Chito no colo, cousa que xa empeza a ser tradición na nosa clase.


 Logo convidounos a un riquísimo biscoito para merendar e aproveitou para lanzar a súa cuña publicitaria contándonos que se baña e se viste soliño xa.
Moi ben Manu, estás feito un chico maior! ! !

E os demais seguide o exemplo! ! !

Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.



Xogando cun robot

A  profe Eva trouxo un escornabot co que estivemos traballando orientación espacial, lateralidade, lóxica-matemática e repasando cousiñas da granxa.
Ao pricipio custounos un pouco aprender a movelo, pero pouco a pouco imos collendo maña para facer o robot que avance ata onde nós queremos, incluso imaxinando que é un tractor cun granxeiro montado ! ! !


domingo, 2 de abril de 2017

Contos cos que desfrutamos.

Fai uns días recibimos a visita de dous alumnos de 5ºB da clase da profe Maribel.
Daniel e Marcos Rial (que xa fora pirata en infantil e co que sempre é un pracer reencontrarse) deleitáronos con "Contos de vampiros".


Pola nosa parte seguimos traballando cos contos que pedimos aos Reis Magos e Papá Noel, cos que despois de traballar na asamblea , aprendendo a pensar e reflexionando sobre as distintas temáticas que nos permiten según o seu argumento, acostumamos a facer un traballiño de Expresión Plástica.
Este foi o traballiño que fixemos partindo do conto "O soño de Matías" que trouxo Eric.



Bicos.

Aniversario de Julia ! ! !

Este venres celebramos o aniversario de Julia, que nos fixo rir moito cando embargada pola emoción rematou soprando a vela do número 6 coa coroa nunha man e o mono Chito na outra.
Juliña en estado puro! ! !


Logo convidounos a merendar un rico biscoito de chocolate do que non deixamos nin unha miguiña.

Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.

Un pouco de aqui e un pouco de alá.

A fin de semana pasada foime imposible actualizar o blogue, por iso agora fareivos un remix dalgúns dos nosos mellores momentos que aínda non vos contamos.

Comenzamos a xogar no recuncho da lóxica-matemática co autobús das sumas e restas, pero primeiro aprendimos a usalo tod@s xuntos na asamblea coa encargada do día que era Itziar.


Traballamos a letra t e fixemos un tigre moi especial coa palma da man.


Deixámosvos unha pequena pista das que van ser as nosas portadas do 2º trimestre.
Isto é so un adianto, para vela rematada tendes que agardar uns días ! ! !


Desfrutamos coa saraiba que caeu fai uns días xogando ben abrigadiñ@s no patio novo.


Polo 8 de marzo, Día da muller, coñecimos un pouquiño da vida dunha muller excepcional Amelia Earhart, célebre aviadora estadounidense famosa polas súas hazañas voando e por tentar a primeira viaxe aérea ao redor do mundo sobre a liña ecuatorial.

Resultado de imagen de amelia earhart


Resultado de imagen de amelia earhart

Tamén vimos un vídeo co que reflexionamos sobre o reparto de tarefas no fogar e traballamos a coeducación.
Aqui volo deixamos. Aos peques non lles fixo falla entender o que falaban para entender a situación.


Agardamos que vos gusten as nosas novas aventuras.

Seguimos en proceso de actualización do blogue.


Aniversario de Omar ! ! !

A semana pasada celebramos o aniversario de Omar que posou para a foto él só cunha das mascotas da clase e moooooi serio, con cara de homiño maior xa! ! !
Él mesmo decidiu como colocarse para a foto e logo convidounos a un rico biscoito de cumpreanos.


Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos ! ! !

Moitos bicos.

Aniversario de Jacobo! ! !

Fai uns días celebramos o aniversario de Jacobo.
O noso amigo soprou a vela co núemero 6 e convidounos a un rico biscoito do que dimos boa conta á hora da merenda.


Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.