sábado, 26 de septiembre de 2015

AS NOSAS PRIMEIRAS AVENTURAS PIRATAS ! ! !

Por fin chegou o día, e imos amosarvos  as nosas primeiras aventuras na clase dos Piratas da Ría.

Nestes primeiros días xuntos fixemos moitas cousas , pero o máis importante foi reencontrarnos, coñecer e adaptarnos ás nosas profes (que xa coñecíchedes as familias na reunión), tamén á nova clase, e coñecer a unha amiga nova que chegou este curso e que se chama Kayla.


Xogamos co lobo Matías na pizarra máxica. Diferenciamos os números 1, 2 e 3. Tamén asociamos número e cantidade. Axudounos a nosa profe e tamén a profe Luz.


Fixemos o número 1 con pintura de dedos e ca axuda da profe Adriana.

Fixemos os números 1 e 2 con plastilina e tentamos plasmar o aprendido nun traballo individual en papel.


Xogamos moito ca plastilina para que nos axude a mellorar a nosa motricidade fina e a manexar mellor as nosas mans.


Traballamos o trazo vertical facendo a choiva de Outono e pintamos as nubes grises con pintura de dedos.


Tamén traballamos a motricidade fina adornando o paraugas con gomets pequeniños.


Comezamos a falar do Outono, dos seus froitos e carácterísticas ca profe Mila, tamén cantamos e vimos vídeos.


Escoitamos moitos contos, algúns os conta a profe Bibi e outros a profe Adriana.
E fixemos un debuxo do protagonista dun dos contos que vimos nestes días; o ratiño Frederick.


Fomos ao ximnasio co profe Óscar.


Xogamos moito nos rincóns por equipos. Como xa vos explicamos na reunión, cada día da semana xogamos e aprendemos nun rincón diferente.


Tamén estivemos facendo traballiños diferentes ao redor do noso nome e o dos nosos compañeiros para tentar recoñecelos e escribilos á nosa maneira e comezamos unha actividade plástica dun caracoliño de Outono, pero xa volo amosaremos cando a teñamos rematada.

E agora un pouquiño de todo. . . 

As primeiras aventuras na clase dos Piratas. on PhotoPeach
PD. Grazas Mila, Luz e Adriana pola vosa axuda nestes primeiros días!!!
E. . . ás familias dos meus piratiñas: Non vos pensedes que vai ser sempre así, pois non sempre terei o mesmo tempo para montar fotos! ! ! Esta foi de premio por ser a primeira ! ! ! 

Boa semana.

Bicos.

CUMPLEANOS DE XURXO ! ! !

Xurxo cumpliu 4 aniños convidando a toda a clase a unha rica merendola.


Graciñas a Xurxo e á súa familia por convidarnos! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos piratiña.

CUMPLEANOS DE DAVID ! ! !

David xa ten 4 aniños e para celebralo convidounos a un rico biscoito para merendar.


Graciñas a David e á súa familia pola rica merendola! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos piratiña.

sábado, 12 de septiembre de 2015

BENVIDA ÁS FAMILIAS DOS MEUS NOVOS PIRATIÑAS ! ! !

Esta semana só vou facer unha breve entrada no blogue para darvos a benvida ás familias igual que fixen cos nen@s.

Quixera agradecervos a vosa colaboración traendo o material antes do comezo das clases, pois así cando eles comezaron o día 10 puiden adicarme a eles con calma e ter todo colocado , sen ter caixas de material polo medio da aula.
A xente que tiña algún material equivocado mandeillo de volta na mochila xunto cunha notiña.

Os nen@s adaptáronse moi ben ao cambio de clase e de profe, así que estou encantada de coñecelos.

Si ollades as entradas anteriores do blogue veredes que para merendar @s nen@s poñían un manteliño de tela na mesa, pois aínda que pasemos unha toalliña húmida despois de facer certas tarefas, paréceme máis hixiénico pousar comida no mantel. Por iso vos mandamos unha notiña onte pedindo un manteliño individual de tela para que traian na mochila ca merenda. Póñovos unha foto por si vos serve de axuda.


Por outra banda, tamén vos pedimos un sobre plástico tamaño medio folio, para levar circulares e notiñas na mochila ben dobradas, sen que se estropeen ou se mollen no caso de que a botella de auga quede mal pechada. Penso que xa tiñades un o curso pasado, pero tamén vos poño unha foto por si tendes algunha dúbida.


Nos próximos días, cando teñamos o sobre plástico, mandareivos a autorización referente aos dereitos para o uso da imaxe dos nen@s, de maneira que poida poñer as súas fotos no blogue e poidades ver as nosas aventuras no cole. Anímovos a tod@s a que o entreguedes asinado pois failles moita ilusión verse nas fotos e axúdaos a lembrar o que fixeron e a contárvolo na casa.

E xa por último, lembrar que o LUNS día 21 de SETEMBRO ás 17:00 teremos unha reunión  na aula para coñecernos e explicarvos a metodoloxía a seguir.


Bicos.