miércoles, 24 de junio de 2015

AS NOSAS DERRADEIRAS AVENTURAS, DESPEDIDA, AGASALLOS E AGRADECEMENTOS.

Non pensaríades que despois de facerme chorar me ía despedir á francesa. . . 
Quédanos a derradeira entrada deste curso e desta promoción e nela quero amosarvos varias cousiñas.

Nestes derradeiros días xunt@s levamos para casa os nosos carnets de astronautas.
Mirade que guapos estamos con eles! ! !


Merendamos no patio como os maiores de primeiro.




Subimos a coñecer o segundo piso, visitamos distintas aulas de Primaria, o Departamento de Orientación, a aula de Audición e Linguaxe, os baños de nenos e de nenas, etc.


Xogamos moito nos rincóns! ! !

Compartindo xogo nos rincóns. on PhotoPeach

Levamos para casa traballiños que fixemos ca profe Mila e o libriño que fixemos con parte do que aprendimos sobre o espazo ao longo do curso.
Graciñas a Mila polo moooooooitisimo que nos axudou ao longo deste curso! ! !


Tamén levamos a carpeta das artistadas. Graciñas ás miñas compañeiras Ana e Iria por axudarme cos lacitos ! ! !


Dentro tiñamos un pequeno dosier con algunhas das cousiñas que aprendimos de Picasso e Maruja Mallo e cas nosas versións dalgúns dos seus cadros.


Aqui vos deixamos ademáis algunha fotiño da montaxe das carpetas das artistadas por si pode servir de axuda para alguén, pois son moi sinxelas de facer e quedan moi vistosas. 


O derradeiro día, axudamos á profe a preparar as nosas carpetas con todo que había que levar.
Fixémolo como nen@s maiores, con moita atención e coidado.
Primeiro o caderniño de mate e os traballiños do terceiro trimestre.


Logo as palabriñas plastificadas para completar o loto de animais mariños que levamos o curso pasado e un xogo novo do espazo , para poder xogar mooooito neste verán. Graciñas á profe Pilar por elaboralos para nós ! ! ! Graciñas Pilar por ser como eres . . . é un pracer terte ao meu carón ! ! !


Tamén levamos unha cartiña co material que ímos precisar en primeiro e un sobre cunha sorpresa de final de curso.  


Levamos as notas.


Preparamos para levar tamén o libro de lectura e uns contiños para ler , ilustrar, buscar palabriñas, etc, o que se nos ocurra para pasar o tempo no verán.


Levamos tamén os contos que trouxemos polo Nadal, que nos gustan tanto que ainda compartimos bos momentos con eles á saída.


E xa para rematar, preparamos o estoxo e a bolsiña co outro material que podemos seguir aproveitando.
Quixera dar as grazas á familia de Paula, pois a xente que se esqueceu de mandar bolsa para estas cousiñas, tal e como quedáramos na reunión, levaron bolsa das que Paula trouxo para compartir.

Graciñas a Paula e á súa familia! ! !


Despois do recreo, fixemos unha festa con merendola e  baile no ximnasio cos nen@s de clase de Pilar.

Aqui nos tendes enchendo o bandulliño. . . 

Merendola de despedida on PhotoPeach

E agora. . . a mover o esquelete ! ! !


Baile de fin de festa ! ! ! on PhotoPeach
E xa para rematar, agora si, só me queda agradecervos ás familias todo o voso cariño, a vosa colaboración, e a confianza que depositáchedes en min e no meu traballo ao longo destes tres anos.

Graciñas pola sorpresa que me díchedes o día da reunión! ! !


Síntome unha privilexiada por traballar e ainda por riba porque o meu traballo me gusta, así que como xa vos dixen non me sinto merecedora dos vosos agasallos.


Grazas polas vosas palabras de cariño  no día da reuníon, no album de recordo que fixéchedes e polas notas que me fixéchedes chegar.

E moitísimas grazas por unirvos tod@s e poñervos de acordo para facer un album tan fermoso! ! !
Fíxome moitísima ilusión que as familias TODAS traballárades en equipo ! ! !

Asi que. . . a petición dalgunhas familias, xa que non todo o mundo chegou a ver o album ao completo. . . ahi vos vai. . . 



















GRACIÑAS DE CORAZÓN FAMILIAS! ! !

UNHA MOREA DE BICOS

Remato con parte dun poema de Loris Malaguzzi que me gusta moito, o poema enteiro o podedes atopar na columna da esquerda do blog.


Piratiñas non perdades nunca ningunha das vosas cen linguaxes ! ! !

Moitos bicos e feliz verán ! ! !

sábado, 13 de junio de 2015

O PESCADOR DE MARUJA MALLO.

Nestes días estivemos facendo a nosa versión do Pescador de Maruja Mallo.
Estamos cans@s para todo. . . menos para as "artistadas".



E aqui tendes o resultado:

O pescador de Maruja Mallo. on PhotoPeach

Bicos.


CUMPLEANOS DE CARMEN! ! !

Este venres celebramos o cumple de Carmen en compañia da súa nai.
Convidáronos a un rico biscoito do que non quedou nin unha miguiña.


Carmen tamén nos convidou a unhas chuches que nos esquecimos de repartir, pero que o luns repartiremos sen falta.

Parabéns e que teñas moitos agasallos! ! !

Bicos.

XOGOS COMPARTIDOS NO PARQUE DE ACEA DE AMA.

O mércores, todo o alumnado de Educación Infantil, desfrutamos dunha xornada de xogos ao aire libre no parque de Acea de Ama.
Pasámolo xenial, merendamos no campo e chegamos mooooooi cans@s de tanto xogar!!!




Cada clase levaba un lazo identificativo dunha cor colocado no mandilón por motivos organizativos.
Tratábase de ir rotando, tal e como facemos nos rincóns de clase, de maneira que íamos cambiando de profe e tamén de xogo ao longo da máñán.
Desta meneira, as profes ían sabendo qué equipos ían pasando polo seu xogo e cales tiñan que pasar ainda.






E aqui tendes a sesión de vídeo. . . 
Por certo, graciñas ao profe Óscar pola súa labor de fotógrafo durante a sesión! ! !

XORNADA DE XOGOS AO AIRE LIBRE on PhotoPeach

Bicos.