martes, 31 de marzo de 2015

ACLARACIÓN SOBRE AS FALTAS.

Como ben sabedes, posto que xa o comentamos na reunión de comezo de curso, en Educación Infantil tamén levamos control das faltas.

Isto é así porque como xa vos expliquei en dita reunión e así o lembrou o inspector fai pouco tempo:

- Os nen@s están a ocupar unha praza mantida con recursos públicos, e accedendo a ela mediante un procedemento de admisión no que quedaron sen praza outros nen@s, en moitos casos.
- É imposible, como sabedes, manter un programa educativo se o nen@ non asiste ou non o fai regularmente.
- Unha cousa é que Educación Infantil non sexa ensino obrigatorio (como algúns de vos dixéchedes) e outra ben diferente que a familia determine arbitrariamente a asistencia dos nen@s.
- Ademáis, no horario escolar os centros teñen trasmitida a patria potestade dos nenos, polo que en certa medida somos responsables deles neses momentos.

Polo tanto, como non vou facer diferencias entre os nen@s, porque non depende deles chegar tarde ou non vir,  e posto que si se dan casos de "asistencia arbitraria", e tal e como vos informaron dende o centro mediante carta fai pouco, débense xustificar as faltas de asistencia.

Respecto ás faltas que aparecen reflexadas no boletín informativo e que suscitaron moitas dúbidas , lembrade que non se contabilizan por días, senón por medias sesións. É dicir, temos 5 sesións ao longo da mañán, se as partimos pola metade serían 10. Si faltan un día enteiro terían 10 faltas, correspondentes ás 10 medias sesións dun día enteiro.

Outro exemplo que vos pode axudar a aclararvos: A primeira media sesión da mañán, que sabedes que hai un día que corresponde á clase de Inglés, dura dende as 9:00 ás 9:25, aqui entra a asistencia arbitraria da que falamos, imaxinade que alguén chega ás 9:30, ademáis de non asistir á clase de inglés ten unha falta na primeira media sesión.

Espero que con isto, os que vos preocupáchedes o venres sen motivo quededes máis tranquilos.

De todos os xeitos, si tendes calquera dúbida falamos á volta das vacacíóns.


Bicos.