sábado, 28 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Como ben sabedes, comezamos a semana celebrando o Día de Rosalía.


Con motivo desta conmemoración, fixemos distintas actividades moi interesantes: falamos dela, vimos vídeos, cantamos "Maio longo", preparamos un traballiño no que plasmamos parte do aprendido, etc.

Con este vídeo de Rosalía Pequeniña da cantante Uxía comezamos a achegarnos á súa figura a semana pasada.


E con este resumo en imaxes, queremos amosarvos como continuamos aprendendo cousas sobre Rosalia e as actividades que fixemos.



E agora . . . sesión de vídeo:

Día de Rosalía 2015 on PhotoPeach

E xa para rematar, para @s que queiran saber máis, aqui vos deixo un  Libro LIM baseado no libro "ROSALÍA" editado pola Fundación Rosalía de Castro que atopei na rede e feito por outra compañeira.

LIM ROSALÍA

 Bicos e boa semana.

PLANTAMOS FRESAS NO INVERNADOIRO

Esta semana fomos ao invernadoiro co profe Xoán a plantar fresas.
Explicounos as partes das plantas e os seus coidados, e díxonos para qué servía o invernadoiro.

Tamén nos trouxo a "Jacinto" , unha flor que temos en auga para ver como medran as súas raíces e máis adiante plantaremos nunha maceta con terra.

Estas son as nosas imaxes como pequen@s labregos:


Agora só falta poder recollelas e papalas antes de que remate o curso! ! !


Bicos.

CUMPLEANOS DE SARA.

Esta semana celebramos o cumple de Sara.
A súa nai e a súa amiga Tania acompañáronos á hora da merenda para convidarnos a dous ricos biscoitos dos que non quedou nin unha miguiña.


Grazas por convidarnos! ! !
Parabéns e que teñas moitos agasallos! ! !

Bicos.

miércoles, 18 de febrero de 2015

HABIA UNHA VEZ. . . UN CIRCO. . .

Preparámonos para a chegada do Entroido elaborando uns antifaces e máscaras que nos quedaron ben fermosos.





Nalgunhas fotos aparecemos disfrazados pois algúns o xoves quixemos lucir disfraces de temática libre que tiñamos na casa.





Por fin chegou o gran día. Como sabedes, este ano o tema común elexido en Educación Infantil foi: O CIRCO. Grazas por colaborar axustándovos á temática , pois así puidemos montar o noso propio Circo Pirata! ! ! Tan só faltaba a carpa, pois tiñamos todo tipo de personaxes.













Tras os posados entrounos a fame. . . 
Algunha tiña fame dende que entrou pola porta e uliu a primeira filloa e. . . tras varias viaxes ao baño ( controlando a colocación da comida nas mesas e pasando o informe correspondente ao resto do grupo ao chegar), optou por dicir cada 10 minutos aproximadamente que tiña fame. . . ata que ao final a frase foi: "Bibi, me duele la barriga y yo creo que es de hambre" 
Non se pode ser máis lambona! ! ! ja ja ja. . .

Así que ao final comemos, e co bandullo cheo xogamos no patio e desfilamos.



Entroido 2015 on PhotoPeach

Este ano non teño fotos do desfile porque. . . algunha vez tiña que pasar. . . e pasou. . . quedei sen batería na cámara! ! ! Ains. . . que pena ! ! !
E non teño fotos miñas co látigo. . . co ben que o pasei ! ! !

Bicos.

viernes, 13 de febrero de 2015

A PAZ NO PAÍS DAS BOLBORETAS.

Ainda que con retraso, porque ás veces a saúde manda, aqui vos amosamos a nosa conmemoración do Día da Paz.

No país das bolboretas
vive un vello capitán
que cun cañón de manteiga
lanza bicos de paz.

Traballamos ao redor da poesía empregada para montar o mural da entrada.
En Infantil elaboramos as bolboretas e cada nen@ do cole fixo un bico de paz.





Aqui tendas unha foto de grupo que fixemos na entrada, co mural xa montado.


Durante os días previos, fixemos un lote de cousas que vos imos amosar agora.

Por exemplo, preparamos os bicos e as bolboretas para o mural.


Ensaiamos cas nenas maiores na nosa clase, e co profe Vicente no ximnasio.
Preparamos un baile da canción " Una sola voz" de Macaco.
Por mor do mal tempo, o baile non se puido facer todo o colexio xunt@s no patio como estaba previsto, pero que conste que nós bailábamos moooooooi ben ! ! !



Á hora da merenda, poñíamos o vídeo ca canción para aprendela.


Elaboramos uns marcapáxinas conmemorativos.


Traballamos ao redor da poesía, e fixemos uns debuxos preciosos do vello capitán pirata.
Tomade asiento. . . que vai o vídeo. . . 

No país das bolboretas. . . on PhotoPeach

Bicos.

CUMPLEANOS DE ANXO! ! !

Esta semana celebramos o cumple de Anxo.
A súa nai acompañounos á hora da merenda e convidounos a unha tarta con forma de nave espacial.


Grazas por convidarnos! ! !

Parabéns e que teñas moitos agasallos ! ! !

Bicos.