lunes, 21 de diciembre de 2015

ATA PRONTO ADRIANA ! ! !

Coa despedida deste trimestre tivemos que despedirnos tamén de Adriana. A súa labor ao longo destes meses na nosa aula foi marabillosa, e sei que tanto os piratiñas como eu, e tamén a profe Pilar e os seus nen@s, ímola a extrañar moooooito.

Así foi a despedida con intercambio de agasallos. Ela tróuxonos doces e nós. . . 


Querida Adri, ás veces non é todo aprender teórico, por moitos libros que che poida deixar, tamén hai que sentir e niso vas sobrada. . . porque sintes esta profesión e iso é o mellor que podemos darlles aos cativ@s.


Pouco máis podo engadir ao que xa che dixen en persoa.

Non esquezas o poema. . .


E non deixes que che rouben a túa orella verde.

Moitos bicos compañeira e volta cando queiras ! ! !

NADAL 2015

Como quen non quere a cousa rematou xa o primeiro trimestre xunt@s; un trimestre cheo de xogos, aventuras, aprendizaxes e emocións compartidas.
Agora que xa temos aqui as vacacións ímos amosarvos como nos preparamos para o Nadal.
Para comezar, lembrar as cousas que levamos para casa ao rematar o trimestre e recomendarvos que adiquedes un tempo a mirar con calmiña e interese os traballos dos pequen@s, froito do seu esforzo  cada un na medida das súas posibilidades. Valorade o que fixeron e animádeos a seguir así e a ter interese e curiosidade por seguir aprendendo.

No sobre plástico da mochila levamos: o boletín informativo e a carta coas peticións de contos aos Reis Magos. Lembrade traer o resgardo do boletín asinado á volta e tamén que na carta dos Reis hai dúas opcións de libros para que elixades unha.


Na carpeta grande de gomas levamos: o caderniño de lóxica-matemática deste trimestre, o caderniño de traballo co nome, o caderniño do traballo das emocións, as fichas complementarias feitas (coa portada feita tamén por nós) e a nosa postal de Nadal. Lembrade que os traballiños son para quedar na casa pero a carpeta temos que traela de volta á escola para levar traballiños en ocasións futuras.


Á volta das vacacións proseguiremos co proxecto dos Piratas e, cando o rematemos, mandaremos o libriño correspondente rematado.

Nestes últimos días fixemos moitas actividades para quentar motores para o Nadal.
Unha das cousas ás que lle puxemos moito mimo foi á preparación das nosas portadas dos traballiños.
Pintamos con témpera líquida e bastonciños dos oídos.



Participamos na campaña solidaria do Concello: " O teu xoguete aínda novo merece un segundo fogar".


Aproveitamos para visitar a decoración de Nadal que tiñamos na entrada principal da escola.


Elaboramos as postais para felicitar ás nosas familias e participar no concurso de postais de Nadal do colexio.


Como cada ano, no concurso de postais elexíronse dúas postais gañadoras: unha para Educación Infantil e outra para Educación Primaria.
A postal gañadora de Educación Infantil foi a do noso amigo Eric.


Parabéns Artista ! ! !

Como temos moooooitas fotos, imos ir facendo vídeos- resumos en imaxes a pouquiños.
Ahi vai o primeiro.

NADAL 2015 (1ª PARTE) on PhotoPeach

Fixemos unhas orixinais campaniñas de Nadal .


Con elas adornamos o corredor que temos diante da nosa aula.


O venres levamos as campaniñas para casa.
Agardamos que vos gustasen ! ! !


Tamén coloreamos debuxos de Nadal con ceras brandas, relaxad@s e escoitando música.


 E aqui vai o noso segundo vídeo-resumo en imaxes.

NADAL 2015 (2ª PARTE) on PhotoPeach

O día da visita das Súas Maxestades íase achegando; por iso, ben provistos de distintos catálogos de xoguetes, comezamos a pensar no que queríamos pedirlles, pouca cousa porque dixemos que tiñan que traer a tod@s @s nen@s.


Ao fin chegou o día, e. . . antes de nada había que comprobar que as cartas estaban ben.


Recibimos ás Súas Maxestades xunto con todo o alumnado da escola.



Agasallamos aos reis Magos cunha panxoliña.


As nosas pequenas pandereteiras Silvia e Olaya cantaron e tocaron durante a interpretación da mesma.


Que guapas e que artistas ! ! !

Logo fomos ao ximnasio a entregar as nosas cartas aos Reis e tiñamos unha panxoliña preparada para cantarlles despois de facernos a foto de grupo, pero coas presas nos descolocaron e nos puxeron en fila cando sonaba a nosa música e. . . non puido ser. 


O que si fixemos foi sacar a foto de grupo.


E aqui vos deixamos a panxoliña para cantar na casa.


De volta na aula, abrimos o agasallo dos Reis ( un libro de adiviñas moi fermoso) e tomamos unha rica merendola de Nadal compartindo cos amigos e amigas. Tentamos non abrir os paquetes de comida que estaban repetidos para que non se estropeasen e unha vez rematamos a merenda os pechamos o mellor que puidemos para que chegasen en bo estado de volta a casa.
Graciñas pola vosa colaboración ca merenda de Nadal, sodes fantástic@s! ! !
Tiñamos tantas cousas que era difícil decidirse! ! !



  E agora o noso derradeiro vídeo-resumo en imaxes.

NADAL 2015 (3ª PARTE) on PhotoPeach

Boas Festas a tod@s e que no 2016 se cumpran todos os vosos desexos.



Grazas pola vosa colaboración e o voso cariño ao longo deste trimestre.

Moitos bicos.

domingo, 20 de diciembre de 2015

CUMPLEANOS DE KAI ! ! !

O noso amigo Kai cumpliu 4 anos e celebrouno con nós o mércores.


Á hora da merenda convidounos a un rico biscoito co seu nome.

Graciñas por convidarnos a merendar! ! !
Moitos bicos e que teñas moitos agasallos ! ! !




CUMPLEANOS DE ERIC ! ! !

Comezamos a semana celebrando o cumple de Eric.
O noso amigo trouxo uns ricos biscoitos para convidarnos a merendar.


Graciñas por convidarnos á merendola! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos ! ! !


viernes, 11 de diciembre de 2015

SER AMIGOS. . .

Barrigoso tróuxonos un novo conto titulado: "Ser amigos" e. . . uns xogos moi divertidos relacionados coa amizade.


Primeiro escoitamos con moita atención o conto.


Tentamos comprender ben qué significa ser amig@s.


Logo Barrigoso ensinoulle a Adriana ao oído un xogo cun ovillo de lá, e tod@s xogamos a él.
Había que pasarlle o ovillo a alguén e dicirlle algo bonito, algo que nos guste desa persoa. Ao rematar a actividade, tod@s (incluídas as profes) quedamos unidos polo fío da amizade que era, como dicían algúns, como unha tea de araña.


Xa para rematar a sesión, compartimos cun amig@ algo moi especial; unha aperta.
Unha aperta que da enerxía, ánimos, calorciño. . . 


Tiñamos unha caixa chea de globos que tiramos polo chan.
Logo collimos un globo ao chou, limos o nome que tiña escrito e regalamos unha aperta a esa persoa.


Aqui vos deixamos un vídeo resumo desta sesión en imaxes.


PALABRAS BONITAS E APERTAS AOS AMIG@S on PhotoPeach

Pero despois dun trimestre acompañándonos, e agora que xa o axudamos a recuperar as emocións que perdera, Barrigoso ten que voltar ao seu fogar, ao Monte Fragoso.


Esta última sesión xunto a nós trouxo á súa amiga Rilleira, unha trasniña amiga súa. Xuntos ensináronos o camiño ao Monte Fragoso, por si queremos visitalos algún día e lembramos todo o que aprendimos das nosas emocións ao tempo que o axudábamos a recuperar as súas.



Barrigoso e Rilleira repartiron bicos de gominola para despedirse e días despois recibimos unha carta moi especial cunha foto de cada un para colorear e ter de recordo.


Bicos e. . . lembrade que As Súas Maxestades de Oriente xa andan a vixiar. . . asi que a portarse ben! ! !

XOGANDO COAS LETRAS

Recoñecemos o noso nome e tentamos recoñecer o dos nosos compañeir@s.
Pintamos cada letra do noso nome dunha cor e contamos cántas letras ten para escribir o número na etiqueta.


Algúns temos nomes moooooi longos, outros medianos e outros curtos.


Tamén fixemos unha "sopa de letras" á nosa medida, empregando palabras coa letra i que trouxo o noso amigo Isaías.


Tamén estivemos buscando a letra i no nome dos amig@s da clase, pero desta actividade non temos fotos, porque ás veces é complicado estar a todo e poder amosarvos todo o que facemos.

Respecto á lectoescritura, quixera comentarvos que hoxe levan para casa o caderniño de lectoescritura para que vexades o que traballamos nel ao longo deste trimestre. Tamén levan no sobre de "carteir@s" unha pequena explicación ao respecto e a petición de que lembredes traer o caderniño de volta á escola a vindeira semana para seguir traballando nel.

Pediríavos por favor que adiquedes un tempo a ver o caderniño cos vosos fillos/as, amosando interese e valorando os seus logros e o seu traballo neste trimestre e animándoos a continuar así.
Pensade que o que vedes no caderniño é tan só unha parte do traballo realizado, pois ás veces este traballo en torno á lectoescritura resulta moi interesante facelo partindo dos seus nomes, das fotos de cousas con i como as que vos pedimos, xogos que preparamos e plastificamos como os que amosamos en entradas anteriores, xogos na pizarra dixital, etc, partindo sempre dos seus intereses e maduración.

Bicos.



25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O pasado 25 de novembro, para unirnos á Conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, pedímosvos que todo o alumnado acudise á escola cun lazo morado.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración para acadar este reto! ! !


Na clase traballamos o conto "Arturo y Clementina",  tratando de fomentar a coeducación e a igualdade e facéndoos reflexionar na  medida das súas posibilidades e madurez.


Despois do recereo, concentrámonos todo o colexio no patio para portar un lazo morado grande mentres sonaba pola megafonía unha canción alusiva á data que se conmemoraba.


Bicos.