domingo, 26 de enero de 2014

HABEMUS VÍDEO E BONECOS DE NEVE ! ! !

Nestes días, estivemos traballando moito para facer uns bonecos de neve que decorasen a nosa clase.
Pintamos, picamos e a Bruxa Pepita montounos e púxolles uns brazos moi orixinais cunhas palliñas de cores.
Aqui tendes o resultado. . . e mirade qué traballadores somos. . . 


BONECOS DE NEVE - foto montaje

Parece que cheogou o inverno. . . non si ???
E tamén os vídeos. . . ja ja ja. . . despóis de turrar un pouquiño co novo "facedor de vídeos" . . . teño que confesalo. . . Pero gústame o resultado.

Que pasedes unha boa semana.

Bicos.


sábado, 25 de enero de 2014

PREPARATIVOS PARA O DÍA DA PAZ.

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos na escola o Dia da Paz.
Pero nós tentamos traballar pola paz todos os días: non berrar, dialogar, compartir, non pelexar, etc.

Este ano ímos facer un mural para decorar o cole e a nós tocounos facer unhas nubes ca axuda da profe Pilar, así que aqui nos tendes en faena.


Ademáis o día da festa ímos cantar unha canción no patio, por iso algunhas nenas de 6º veñen á nosa clase para axudarnos a ensaiar a canción e o baile.


Si queredes ensaiar na casa aqui vos deixamos  a música e tamén a letra da canción.
É do grupo Mexicano Maná, e titúlase "Queremos paz".




Al comenzar el mundo era otro 
sin límites de muros y fronteras 
todo para todos nadie pretendía ná. 

Por pánico se armaron hasta el diente 
y una invasión tenían en la mente 
una guerra viene y otra que se va, ¡oh no! 

E-ah, queremos paz y no la guerra 
hay muchas armas en la tierra 
queremos paz, queremos... 

Cuando el amor lo aplasta 
el más fuerte llega el dolor la sangre y la muerte 
una guerra viene y otra que se va, ¡oh no!. 

E-ah, queremos paz y no la guerra 
hay muchas armas en la tierra 
queremos paz, queremos... 

Pero a paz non é soamente a ausencia de guerra, tamén é aceptarse uns aos outros, e aceptar aos demáis tal e como son. Por iso, ca profe Eva, en clase de Reli , traballamos o conto : Un chocolate muy especial.
Gustounos tanto, que outro día vímolo todos xunt@s, posto que é moi axeitado para traballar os valores que debéramos amosar non só o día da paz, senón todo o ano.

Aqui o tendes. É un conto moi bonito.



Lembrade traer o luns a actividade da paz ca palabra que vos tocou ilustrar para montar o noso "IMAXINARIO DA PAZ".

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

Estou investigando o tema dos vídeos. . . que me trae de cabeza. . . 

Bicos.

A SORPRESA DE PEPITA. . .

A bruxa Pepita, ademáis de coidar os libros da nosa clase, ás veces ocupa o seu tempo libre  (ten moito. . . porque é funcionaria. . . ) facendo trasnadas. Pero outras veces, cando nos portamos moi ben, danos algunha que outra sorpresiña. . . 
Iso foi o que sucedeu este martes.
Cando chegamos á clase pola mañán atopamos un agasallo, unha nota de Pepita e algunha sorpresiña máis. . . 


Por fin somos capaces de traballar en silencio. . . ejem. . . ou casi. . . para concentrarnos moito moito. . . e ao estar a clase tranquila, por fin medrou a letra a. E tamén grazas aos coidados de Pepita que é a única que se lembra de regar o xardín. Cando entramos na clase, xa intuímos que medrara unha nova letra, pois ulía mooooooito a flores. . .  E acertamos !!!
 Por certo, graciñas á profe Sandra pola idea do perfume. Estás en todo compañeira!!! 
E asegúrovos que ulía a flores porque fóiseme a man botando. . . 


Rita, que foi a encargada o martes, abriu o agasallo e ensinouno a tod@s.


Era un libro das vogáis.


Bicos.

sábado, 18 de enero de 2014

QUÉ DIFERENTES SOMOS DOS PEIXES ! ! !

Esta semana retomamos o tema do mar.
A pouquiños imos escoitando as cousas que nos lé a profe sobre o mar e os peixes dos libros que nós mesmos aportamos para as nosas investigacións.
Esta semana falamos do corpo dos peixes, das súas partes, e comparámolos cos nosos corpos que xa investigamos o curso pasado.


Lembramos a función respiratoria que cumpren os nosos pulmóns e aprendimos que os peixes non os teñen, que teñen branquias; tamén que tanto nós coma os peixes necesitamos osíxeno para respirar, pero nós obtémolo do aire e eles da auga; falamos da ausencia de pálpebras nos ollos dos peixes e como a propia auga do mar axuda a que teñan os ollos húmedos e limpos, dos nomes e funcións das distintas aletas que teñen, das escamas que cubren o seu corpo, etc. 
Supoño que de todo o que ímos lendo, que é moito, cada quén retén o que máis lle chama a atención. Pero o noso interese polo mar parece infinito. . . e resulta reconfortante ver como nos lembramos de moitas das cousas que ímos lendo.


Aqui nos tendes plasmando parte do aprendido, e tentando colocar os nomes das partes dos peixes no lugar axeitado. Isto tamén é un traballo de lectoescritura, posto que temos qué fixarnos nas letras polas que empezan e rematan as distintas palabras, si son longas ou curtas e en cómo sonan algunhas das maiúsculas que xa coñecemos ben, para colocar as etiquetas correctamente.

E agora a miña intención era poñer a sesión de vídeo. . . pero vai ser que non as quere. . . hoxe o vídeo non vai, eu podo velo na casa e o teño montado pero. . . non quere subir ao blog. . . xa probarei outro día. . .

Déixovos daquela, algunhas fotos un pouquiño montadas para que se vexan bonitas.
No vídeo saen máis, agardo poder subilo ao longo destes días.











Que teñades unha boa semana.

Bicos.

AS PARTES DOS PEIXES on PhotoPeach
Prométovos que non fixen nada diferente ao que fixen outras veces. Pero PhotoPeach que é co que fago sempre os vídeos debeu cambiar, e non me convence o resultado. Por hoxe pasa, pero penso que vou cambiar de "facedor de vídeos". Si pinchades onde está o recadro cas frechas poñédelo en pantalla completa e si pinchades sobre as fotos vese máis grande, non sei qué facer para que se escoite a música...e... non vos podo dicir máis... Ás veces as cousas non saen como nós queremos, qué se lle vai facer...

OS AGASALLOS QUE NOS DEIXARON OS REIS MAGOS NA CLASE.

A volta á escola foi moi emocionante, pois tiñamos moito que contar : o que fixemos no Nadal, os agasallos que nos trouxeron As Súas Maxestades de Oriente e Papá Noel, etc.
Pero na aula tamén nos agardaba unha pequena sorpresa: dous paquetes que Os reis Magos deixaron para compartir e xogar tod@s xunt@s na aula.
Aqui tendes a Andrea facendo os honores, pois tocoulle  ser a encargada o primeiro día despóis das vacacións.


Regaláronos un puzzle de letras ( para asociar o son ca letra correspondente) e varios contos para a biblioteca da nosa aula.

CUMPLEANOS DE JENNIFER ! ! !

A nosa Jennifer xa é unha chica grande, pois acaba de cumprir 5 anos xa !!!
Celebrámolo esta semana cantándolle mooooooi emocionad@s por ser a primeira que xa ten 5 anos, todo un acontecemento na nosa clase.


Convidounos a un biscoito riquísimo  e nós asinamos na súa postal para que teña de recordo.

Un bico grande e que teñas moitos agasallos.