sábado, 30 de noviembre de 2013

OS REIS MAGOS XA ESTÁN TOMANDO BOA NOTA . . .

Quixera comezar a entrada de hoxe contándovos que os Reis Magos, que todo o ven e todo o saben, xa están tomando nota, pois o noso comportamento nesta semana non foi especialmente bó.
Nin ca nosa profe, nin especialmente ca profe de inglés, nin no comedor.
Tanto foi así, que o venres non houbo sesión de cine e . . . tardamos un chisco máis que os demáis en saír ao patio, pois a estas alturas da película temos que saber sentarnos, merendar sentados, non berrar na clase, escoitar cando nos falan, non falar nin berrar por riba dos demáis, recoller cando nos mandan, non pasar o día acusando aos demáis pero descoidando o noso comportamento,  etc.


Pero o fundamental é saber escoitar, xa non porque estamos na escola, senón como un aprendizaxe para a vida, e como sinal de respecto cara á persoa que nos está falando. E isto tería que ser asi na casa e na escola.
Por favor, non deixedes que falen por riba de vós, que se acostumen a escoitar e agardar a que os demáis rematen de falar para facelo el@s. É un hábito máis importante que todas as letras do mundo, que teñen toda a vida para aprendelas !!!

E agora si, contereivos ademáis que esta semana recibimos a visita da Dragona Ramona.
Contounos o conto de "Rosa Caramelo", e gustounos moitíiiiiiiisimo.


Tentamos ordear e pegar correctamente as letras do apelido de Jorge Peteiro. A bruxa Pepita, que é moi bromista, desordeounas todas e tivemos un pouco de lío para colocalas.


E aprendimos as fases no desenvolvemento dos peixes.
Somos case biólogos mariños. . . 


E  no rincón de plástica, algúns de nós, tivemos tempo de facer a Bob Esponxa e levalo para casa !!!


Hoxe non toca vídeo porque estou cun super-catarrazo e . . . entre que me choran os ollos . . . e necesito unha man para sonarme cada 3 segundos. . .  non teño ánimo. . . 



Boa semana.

Bicos.


CUMPLE DE HUGO ! ! !

Comezamos a semaniña celebrando o cumple de Hugo o lúns.
A súa nai visitounos á hora da merenda cunha tarta con forma de peixe, que ademáis tiña lacasitos e da que dimos boa conta.


Nós cantámoslle  e asinamos na súa postal de cumple.

Que teñas moitos agasallos !!!

Bicos.



sábado, 23 de noviembre de 2013

POESÍA, PINTURA, CINE . . . NON HAI DÚBIDA . . . O ARTE É O NOSO! ! !

Esta semana seguimos traballando a poesía con ese libro tan fermoso que nos prestou a profe Sandra e que . . . ao final, gustoume tanto, que  o merquei para min. . . Non puiden agardar a visita dos Reis Magos. . . je je je. . . 


Estivemos aprendendo unha poesía que seguro que algúns tentaron recitar na casa.
E fixemos uns debuxos preciosos das cousas das que falaba o poema.


Seguimos recibindo cousiñas do mar que ainda non vos ensinamos. . . 


Conmemoramos o Día dos dereitos dos nen@s falando moito, moito, mooooooito de igualdade e pintando un debuxo.


Pintamos o corpo dun neno con pincel e ca axuda do profe Xoán. . . que se sae máis que nós. . . ja ja ja. . . 


Vimos vídeos de cómo era o nacemento dos peixes e despóis plasmámolo nun traballiño. . . 


E fomos en autobús á Coruña para ir ao cine a ver unha peli divertidísima das andanzas dunha pequena toupa. 


Nada máis baixarnos do autobús coñecimos a unha parella de policías moi simpáticos que falaron moito con nós e nos "escoltaron" ata a entrada do CGAI.


Antes de poñervos o vídeo cas fotos, quixera avisarvos dunha sesión de contacontos que terá lugar mañán ás 6 da tarde.
Este é o cartel con toda a información.


Sesión de vídeo. . . 

AS AVENTURAS DA PEQUENA TOUPA E AS NOSAS PROPIAS. . . on PhotoPeach

Aqui vos deixo tamén un capítulo das "Aventuras da pequena toupa" que atopou o profe Xoán en internet.



Boa semana !!!

Bicos.


CUMPLE DE SILVIA !!!


Onte celebramos o cumple da nosa amiga Silvia.
Nós cantámoslle ben forte o cumpreanos feliz e asinamos na súa postal de cumple.
E a súa nai visitounos á hora da merenda cun biscoito riquísimo para convidarnos a tod@s e uns caramelos para repartir á hora da saída.


Que teñas moitos agasallos ! ! !

Bicos.

sábado, 16 de noviembre de 2013

O MAGOSTO E AS LETRAS OCUPAN AS NOSAS CABECIÑAS ! ! !

Como xa sabedes onte celebramos o Magosto na escola, así que esta semana adicámola aos preparativos e . . . a xogar moito cas letras.
Dende hai un par de semanas, temos un puzzle de letras que ten moitas pezas e que tentamos facer enteiro . . . .


Pero que se nos resiste. . . 



Ata que chegaron estes 3 mosqueteros e. . . conseguírono ! ! ! Noraboa campións ! ! !


Tamén tentamos escribir palabras cas letras dos caixóns.


E temos un xogo novo de peixes para asociar maiúsculas con minúsculas.


Mirade qué ben o facemos !!! E para o curso próximo, engadirémoslle as letras de imprenta.


Pero ademáis, a profe Pilar trouxo unhas fotos chulísimas para facer un mural do Outono no pasillo.


Nós colaboramos pintando as letras, entre as dúas clases, e tamén castañas para decorar o mural e o xogo de encestar que fixemos para o día da festa e. . . facendo unhas coroas para estar ben guap@s !!!


Puxémonos as botas comendo castañas ! ! !


E despóis,  para baixar o que comimos e escorrentar o frío. . . xogamos a encestar castañas nunha caixiña.
E non temos mala puntería ! ! ! 


A profe Lola e o profe Antonio estiveron axudándonos na festa do Magosto.
Pero ademáis,  entre as mamás da ANPA que estiveron toda a mañán traballando para atender o lume e facernos unhas castañas riquísimas, estaba Ana, a mamá do noso Ian.
Graciñaaaaaaas ! ! !

Pero si non queredes perder detalle, mellor poñede o vídeo . . . 

Magosto 2013. on PhotoPeach
 

Esta é a coroa do magosto que fixemos.



Bicos e . . . abrigádevos que vai frio !!!


sábado, 9 de noviembre de 2013

VERSOS DO MAR.

Esta semana,  a profe Sandra prestounos un libro fermosísimo de versos do mar e. . .  enganchámonos á poesía ! ! !


A verdade é que ten versos preciosos e moi axeitados para a nosa idade, cos que ademáis aprendemos cousas relacionadas co mar ou lembramos outras que xa sabemos.
Un dos que máis nos gustou, foi o que estaba adicado á balea.
Despóis con témpera  e paliños dos de limpar os oídos, pintamos a nosa balea azul.


Pero ademáis precisamos mellorar a nosa atención, traballar en equipo, colaborar e respectar os xoguetes.
E qué mellor forma de facelo que tentando facer puzzles do mar por equipos !!!


Seguindo un pouco co tema de respectar os xoguetes e materiais de clase, cambiamos de compañeir@s nos equipos de xogo - traballo nos rincóns. Esta vez os equipos fíxoos a profe ! ! !E o cambio parece que funciona, pois van aparecendo as personiñas que non coidaban moito as cousas. . . Ejem. . . 

Aquí vos deixamos un vídeo que resume esta semana curta pero intensa.

VERSOS DO MAR. . . on PhotoPeach

E aqui vos deixamos a plantilla do traballiño ca poesía da balea.


Bicos.


viernes, 1 de noviembre de 2013

CHEGOU O . . .

samain
O primeiro que fixemos ao chegar, antes de perder o maquillaxe con tanta festa, foi sacar unha foto de grupo no hall do cole, decorado para a ocasión. . . 

As profes decidiron ser un pouco bruxas por un día. . . porque o resto do ano pórtanse moi ben. . . 


A verdade é que tod@s metíamos medo. . . 


Pero a festa comezou días antes. . . cando unha cabaza misteriosa apareceu na nosa porta. . . 
Graciñas á Profe Pilar pola super cabaza ! ! ! 


O primeiro que fixemos foi tomarlle a medida á nosa maneira. . . ja ja ja. . . pero só Lucas foi capaz de levantala ! ! !
E ao final acabamos por decorala.


Fixemos uns mouchos para que asustasen a todo o que pasaba por diante da nosa clase. . . 
BUUUUUUUU !!!!


E tamén banderíns de caveiras e cabazas para ambientar o colexio. . . 


Pero a nosa clase tamén necesitaba decoración, polo que fixemos unhas cabazas moi divertidas.


E trouxemos cabazas decoradas de casa para meter moito meeeeeedo. . . 


Fixemos morcegos para levar a casa. . . 


Fixemos xogos do Samaín na pizarra máxica . . . 


E visitamos a supermesa cos postres do concurso. . . ao tempo que nos caía a baba. . . e tiñamos ganas de comelos tooooooodos ! ! !


E a verdade é que teño tantas fotos esta semana . . . que eu si que me asustei ao descargalas no ordenador. . . e seleccionalas está difícil. . . Asi que alá van os vídeos. . . non vos queixaredes. . . 

SAMAÍN 1ª PARTE. on PhotoPeach

E  a segunda parte da sesión de fotos. . . 

SAMAÍN 2ª PARTE on PhotoPeach

Graciñas á familia de Anxo polo postre para participar no concurso e que comimos o mércores, tamén á familia de Rita polas torrijas que nos mandaron tamén para merendar o mércores, á familia de Jennifer polos chupas de ollos que levamos nos cucuruchos e á familia de Lucas polas moedas de chocolate que tamén levamos nos cucuruchos.
Como vedes foi un día de poñerse as botas con larpeiradas. . .  por iso os cucuruchos cas chuches que se repartiron no cole, os chupas de Jenny, as moedas de Lucas e os caramelos do cumpre de Astrid tratei de que fosen pechados. . . e dixen que eran para comer na casa. . . pero. . . ¿chegarían a casa ???

Aqui vos deixo un enlace para xogar a facer monstruos.


Estos son os patróns das cousas que fixemos.
(Olvidei o moucho no cole, tratarei de subilo a vindeira semana)

 


Que teñades unha boa ponte.
Vémonos o mártes.

Bicos.