miércoles, 27 de febrero de 2013

SARA CUMPRE 4 ANOS ! ! !

O luns celebramos o cumpreanos de Sara, e recibimos a visita da súa nai á hora da merenda para convidarnos a biscoito de chocolate e biscoito de iogur. . . Qué indecisión ! ! ! Cal tomar ? ? ?
Dou fé de que os dous estaban boíiiiiisimos! ! !


E preparada para soprar. . .


Agora está convencida de que xa é unha chica , polo visto . . . e iso con 4 anos. . . qué dirá cando teña 18 ? ? ? je je je. . .

bicos.




sábado, 23 de febrero de 2013

AO ABORDAXE MEUS PIRATAS ! ! !

A nosa aventura pirata rematou e nestes días fixemos os nosos derradeiros traballiños.
Durante todo este tempo fixemos un lote de cousas: identificámonos como grupo e co nome da nosa clase, xogamos, limos contos de piratas, aprendimos vocabulario novo ( vela, timón, catalexo. . . ) contamos historias de piratas, fixemos puzzles, usámolos como modelos de comportamento do que NON hai que facer,  aprendimos a buscar información nos libros e en internet, cantamos,  etc.
Nos vindeiros días levaremos para casa o libro dos piratas que fixemos e todas as cousiñas que trouxemos para o rincón dos piratas.
Xa vos informaremos de cal será o noso novo proxecto no que nos ímos embarcar para investigar xunt@s.
 Graciñas pola vosa colaboración na nosa primeira aventura ! ! !

AO ABORDAXE MEUS PIRATAS ! ! ! on PhotoPeach

Aqui vos deixo o patrón da marioneta pirata, que a verdade non sei de onde saiu porque téñoa dende fai tempo xa, e tamén o traballiño do xuramento pirata que fixen para que pegasen a súa foto.





bicos.



SOLETE

Este é o nome do espectáculo que fumos ver onte na Fundación Barrié, dentro do programa " Despertamos las Artes" que están levando a cabo para nen@s de 0 a 4 anos.
O máis espectacular do espectáculo foi que non nos deixaron sacar fotos durante o mesmo . . . ejem. . . (teño carraspera. . . ), pero o fotógrafo profesional da Fundación si sacaba. . . 
Eu que son pirata, pero non son rencorosa, póñovos nas fotos que puiden sacar o díptico que nos deron e fágolles publicidade. . . por si vos apetece voltar cos peques e ver algún dos outros espectáculos.



bicos.



viernes, 15 de febrero de 2013

LETRAS, NÚMEROS, PIRATAS. . . E UN LOTE DE COUSAS QUE NON VÍCHEDES AÍNDA. . .

Esta semana foi moi curta, tan só 2 días que case nin saboreamos. Pero esta  capitana pirata é moi previsora e ten un lote de fotos que non víchedes aínda. . . será por fotos. . . je je je. . .

Últimamente amosámosvos as imaxes de dúas conmemoracións recentes que tivemos na escola, a da Paz e o Entroido, pero nestas dúas semanas fixemos moitas máis cousas. . .non todo foi festa. . . Seguimos a traballar o inverno, a letra E e a letra I, o número 1, os conceptos alto - baixo, fixemos cousiñas de piratas. . .  e nestas fotos saen amig@s que agora están maliñ@s e non viñeron á escola. Un bico para Natalia, Ismael e Andrea e a millorarse pronto guap@s! ! !
Botade unha ollada e veredes cánto aprendemos. . .

LETRAS, NÚMEROS, PIRATAS. . . on PhotoPeach
Ah! ! ! Unha noticia de última hora! ! ! Onte a bruxa Pepita devolveunos os libros da clase e levamos unha alegría  . . . 
Seremos capaces de coidalos para que non marchen de novo? ? ? 
Esperemos que si. . .

Déixovos un xogo que lles prometín para que poidan facer un boneco de neve.

E por último, aqui están os modelos de fichas que elaborei para traballar os conceptos que aparecen no vídeo.

  
 


 



bicos.




FELIZ CUMPLE ANXO ! ! !

Anxo cumpriu 4 anos, e quixo celebralo onte con tod@s convidándonos a un biscoito riquíiisimo que tiña adornos de rosas e folliñas. . . A pregunta do millón foi. . . ¿las flores se comen profe??? Siiii, comédeas que están ricas. . . Pero algún non se fíaba. . . e non as probou. . .
Mirade qué cara de maior. . . na única foto que me saíu. . . non sei por qué. . .a tecnoloxía é o que ten. . .


bicos.




domingo, 10 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013.

caretas

Fixemos unhas máscaras moi grandes e que nos deron moito traballo, pero que nos quedaron moi vistosas e decoraron a nosa aula ata o venres que as levamos para casa.
A verdade, foi un gran traballo non só para os peques, pero no que as miñas compañeiras axudáronme mooooito.
Primeiro vimos vídeos dos Peliqueiros para saber cómo eran, despóis pintamos as nosas máscaras, eleximos un animal para poñer no sombreiro e. . . Mirade qué chulas quedaron. . .

PELIQUEIROS on PhotoPeach

festa

Por fin chegou o gran día. . . tod@s chegamos á escola moi ilusionados cas nosas millores galas. . . tamén as profes estaban disfrazadas. . . Somos moi choqueir@s tod@s ! ! !
Desfilamos na clase e posamos como @s famos@s no photocall. . .

POSADOS CON MOITO ESTILO !!! on PhotoPeach  

Merendamos filloas, orellas, rosquillas; bailamos, xogamos, desfilamos no patio dos maiores. . . 
Pasámolo boooooomba. . .
Aqui están as fotos que o demostran. . .
Pero botamos de menos a Natalia e Naiala que están maliñas e non viñeron. Un biquiño guapas ! ! !

MERENDA E FESTA NO PATIO. on PhotoPeach  

Non vos queixaredes de fotos ! ! ! Desta volta ides servidos. . . je je je. . . Tiña tantas que elexir era moi difícil e púxenas toooodas. . .

Aqui deixo o patrón do noso peliqueiro. Está en dúas partes porque a miña impresora non escanea en A3.



bicos.

miércoles, 6 de febrero de 2013

A FINLANDIA VOU LIXEIRIÑA CAMIÑANDO. . .

Camiñando non sei si chegarei pero. . . é para pensalo, e non moito. . . tería que afacerme ao frío, pero vai ben para o cutis e. . . son cuspidiños a nós. . . ejem. . . 
Non sei si víchedes a reportaxe que botaron o Domingo no programa Salvados. Eu non tiven ocasión de vela, pero tal e como me falaron dela busqueina e recoméndovos que empreguedes 8 minutos da vosa vída en vela, cos ollos moi abertos e as orellas moi atentas. . . como lle digo aos peques. Merece a pena !!!
Déixovos aqui o enlace (pinchade abaixo, onde pon "CUESTIÓN DE EDUCACIÓN" en letras amarelas para que vos leve á páxina do programa co vídeo completo).
Cada quén que saque as súas propias conclusións. . . eu penso que TOD@S temos moito que aprender.


bicos.


viernes, 1 de febrero de 2013

PAZ, PAZ, PAZ. . .

¡ Paz, paz, paz !
Paz luminosa.
Una vida de armonía
sobre una tierra dichosa.
Paz sin fin, paz verdadera.
Paz que al alba se levante y a la noche no se muera.

Rafael Alberti.

Qué entenden os meus pequenos seres diminutos por paz ???
Pois aínda que pareza mentira, algo entenden ou intúen, a saber. . .

Cando preguntei qué era a paz respostaron cousas como: "no pelearse", " no dar patadas" "no tirar del pelo" " no gritar" . . . Curioso. . . todo negativo. . .

Entón dixen: Estades dicindo cousas que non son a paz, pero entón a paz qué é? Iso é o que non temos que facer. Pero, ¿qué temos que facer para conseguir a paz? E agora si, comezaron as respostas en positivo: " Compartir", "Dar besos y abrazos", "Obedecer a mamá", "Comer todo", etc. En definitiva, para el@s a paz é portarse ben.

Despois de facelos pensar, puxemos o conto de: "A paloma Mari Paz" na nosa pizarra máxica.
É un conto montado a partir do poema de Carmen Gil, polos alumn@s do colexio de Educación Especial Terra de Ferrol.
Aqui volo deixamos xa que tivo moito éxito. . .



E como seguro que queredes ver todo o que traballamos ao redor do tema da paz. No seguinte vídeo tendes un pequeno resumo de todo o que dou de sí o tema.


PAZ 2013 on PhotoPeach

Non quixera deixarvos con mal sabor de boca pero. . . aconteceu algo na nosa clase hai dous días, xusto despóis da festa da paz. . . que fixo que nos quedásemos sen libros na clase. . . 
Parece que a teoría sabémola ben, pero a práctica. . . 
Algúns nen@s non saben tratar ben os libros, rómpenos, tíranos e písanos. . . E a "moda" parecía extenderse coma se de un virus se tratase. . .
A Bruxa Pepita, encargada de coidar dos libros e que o ve tooooodo, levou tal desgusto que o xoves cando chegamos non tiñamos libros na clase. . . Levounos tooooodos ! ! ! tamén os de piratas ! ! ! E agora temos que demostrarlle que sabemos tratar ben as cousas para que no los devolva. . . 


Asi deixou a nosa Biblioteca !!!


E así  o rincón dos piratas !!!


Estas son as nosas caras ao decatarnos de que non tiñamos libros na clase ! ! !

. . . continuará. . .

Este é o patrón da pomba que fixemos.

bicos.






FELICIDADES DANIEL !!!

Esta semana celebramos o cumple de Daniel. 
Aínda que o día "oficial" foi o Domingo 27, fixemos un oco entre  Paz e  Entroido para cantarlle ao noso amigo o "Cumpreanos Feliz". . .
Aqui o tendes preparado para soprar. . .


E nesta foto soprando con todas as súas forzas. . .


E aqui estamos nós, sorprendendo a Daniel e á profe co debuxo que estamos facendo para agasallar ao cumpleañero e polo ben que tentamos copiar o seu nome do encerado. . .



Non deixo de sorprenderme co que sodes capaces de facer  ! ! !

bicos.