miércoles, 31 de octubre de 2012

FELIZ CUMPLE ASTRID !!!

Onte celebramos o cumple de Astrid que xa é unha chica de 3 anos, e ben se nota se vos fixades no forte que sopra . . .
A súa nai visitounos á hora da merenda cunha tarta de chocolate riquíiiiiisima ca que nos puxemos as botas. .  .
Graciñas por convidarnos !



bicos.

Bibi.

sábado, 27 de octubre de 2012

POLO SAMAÍN, CABAZAS EU VIN !!!

Seguro que pensades que a festa das cabazas é cousa extranxeira.  Pois non ! ! ! Nós fomos os primeiros ! ! !

Hai moitos anos en Galicia vivían os Celtas. Este pobo  a noite do 31 de Outubro facía a festa do Samaín e esta noite comezaba o ano novo dos Celtas, como aínda se celebra na illa de Man.
No Samaín tallaban cabazas con formas arrepiantes, colocaban dentro unha candea prendida e logo situábana nos cruces dos camiños para asustar aos seus inimigos.
Agora nós, tentamos recuperar a tradición dos nosos ancestros Celtas e por iso celebramos o Samaín.
 Traballar a historia cos máis pequenos non é doado, pero si que falamos do Samaín, na medida en que a súa comprensión o permite, traballamos ao redor do conto "Corre, corre, cabaciña" de Eva Mejuto e da editorial OQO, que ten unhas ilustracións moi chulas de André Letria, e como non podía ser doutro xeito, aproveitamos para traballar o medo . . .


TRABALLAMOS O CONTO: CORRE, CORRE, CABACIÑA. on PhotoPeach  
 Gustoulles moito o conto, pero xa vos adianto que atopalo para compralo non é doado, de feito eu xa desistín hai anos porque dixéronme que estaba descatalogado. Por iso, aqui vos deixo unha versión do conto que hai en You Tube que está moi ben, para que o desfrutedes en famlia, e tamén o vídeo ca canción, que pertence a un cd titulado "Contos en cantos".


CONTO
 

CANCIÓN

Esta semana podedes traer cabazas decoradas para axudar ambientar e adornar a nosa clase.

Celebraremos o Samaín o mércores día 31 de Outubro igual que facían os Celtas.
Por iso, o mércores podemos vir disfrazados ao cole para meter medo aos amig@s... (bruxas, morcegos, vampiros, pantasmas. . .)

Pensade en que o que lles poñades sexa cómodo (sobre todo para ir ao baño) e sinxelo, e que non teña cousas pequenas que se poidan perder ou ser perigosas.

Graciñas pola vosa colaboración cos "deberes" da pasada fin de semana.
Qué traballiños máis bonitos mandáchedes !!!
Non agardo menos das vosas cabazas . . .

bicos.

Bibi.

miércoles, 24 de octubre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celébrase o día internacional das bibliotecas, así que aproveitando a ocasión gustaríame compartir con vos un recurso que a algunhas familias pode interesarvos e que atopei de casualidade. É  algo novo, pero que penso que pode estar ben.
É un buscador de libros, e-books e apps infantís, cun recuncho para que poidades compartir experiencias con outras familias e unha estantería para clasificar libros que xa víchedes, os que queredes ler, os que comentáchedes. . .




Este é o enlace da páxina por si vos animades:
http://www.tulabooks.es/#
(premede sobre él para entrar)

Ah !!! Graciñas polo moito que traballáchedes este fin de semana  cos vosos fill@s. Pronto veredes o resultado e o noso primeiro libro ! ! !

bicos.

Bibi.


sábado, 20 de octubre de 2012

MADURAMOS COMO OS FROITOS DO OUTONO.

A verdade é que pouquiño a pouco ímos madurando como os froitos do Outono. . . 
Repetir as mesmas rutinas, os mesmos hábitos todos os días vaise notando,  danos seguridade,  facendo que poidamos anticipar o que vai pasar (cando toca xogar nos rincóns, cándo recoller, ir ao baño, merendar...) e facendo tamén que nos sintamos cada vez máis segur@s e cómod@s na escola.
A nosa atención, ainda que curta de momento porque somos pequen@s, vai sendo cada día un pouquiño maior, sabemos que cando chegamos temos que colgar as nosas cousas na percha e sentarnos na asamblea, que temos que xogar no rincón que nos toca e agardar a que a profe nos chame a traballar na mesa, que temos que recoller para ir ao baño e merendar, que cando contamos contos hai que ter " bocas pechadas, ollos moi abertos e orellas moi atentas", ou que despois do recreo facemos un ratiño  plastilina mentres a profe ven polas mesas para traballar máis polo miúdo con nós, etc.
Con todas estas cousas que facemos no día a día estamos sementando. . . os froitos recollerémolos co paso do tempo. . . Pero é importante que teñamos horarios, rutinas, hábitos, que exploremos o mundo e sexamos autónom@s e que non perdamos a capacidade de sorprendernos e a ilusión por aprender cousas novas. . .

MADURAMOS COMO OS FROITOS DO OUTONO. . . on PhotoPeach  
 Temos que mandar un bico enorme a Naiala que hoxe está de cumple, pero non o puidemos celebrar porque estivo enferma nestes días. Millórate guapa, estámoste agardando ! ! !

bicos.

Bibi.

viernes, 19 de octubre de 2012

DANDO O CANTE . . .

Teño entendido que algún e algunha xa cantaron algunha canción na casa, e incluso hai quen vai no coche dando o do de peito . . .  pero tamén estou informada de que ás veces "versionan" as cancións  (algo propio de grandes artistas. . . ) e o seu público non se entera ben do que cantan. Pois, para ese público tan fiel, aquí vos deixo dúas cancións que cantamos nada máis chegar ao cole, cando nos sentamos na asamblea.

Estas son en castelán por iso foime fácil atopalas para poñelas no blog, pero as que cantamos do Outono son en galego e non as atopo e algunha non sei nin onde nin cando a aprendín eu. . . Asi que cando @s teña máis "ensaiados" poño o vídeo d@s artistas cantando en clase. De momento, hai que cantalas algunha vez máis antes de sacar o disco ao mercado. . . ji ji ji. . .

bicos.

Bibi.

viernes, 12 de octubre de 2012

UNHA SEMANA CURTA PERO INTENSA !!!

Esta foi unha semana curta pero mooooi intensa, estivo chea de emocións e novidades e, ademáis, non paramos nin un intre porque temos moita "marcha" e moita curiosidade . . . 
Como xa estamos bastante tranquil@s e atent@s na asamblea, engadimos unha novidade que nos fixo moita ilusión. Cada día antes de comezar, o primeiro que facemos é saber quén vai ser o engargad@. Est@ terá que pasar lista, poñer a data, o tempo, ir de primeiro na fila e, sobre todo, axudar mooooito á profe.
Non puidemos ir ao ximnasio, porque como chovía os maiores non  sairon á pista e quedaron nel, pero nós fixemos exercicio na clase, bailamos e pasámolo xenial !!!
Pintamos pementos co dedo, fixemos caracois, fumos á biblioteca ca profe Luz, Rita trouxo un lote de cousas do outono para ensinar aos compañeir@s e tamén contos, estreamos o libro de "mates" de maiores  e fumos de "romería" ata a clase de 4 anos B en busca de cogumelos e menuda clase maxistral que nos deron os maiores... 
Temos que mandar un bico enorrrrme a Natalia e Andrea que non viñeron esta semana e desexarlles que aproveiten a ponte para poñerse boas e vir  a vindeira semana a compartir con nós aventuras. . .
Aqui vos deixamos algunhas fotos que ilustran a nosa semana.





UNHA SEMANA CURTA PERO INTENSA.. on PhotoPeach

bicos.

Bibi.

viernes, 5 de octubre de 2012

PARECE QUE CHEGOU O OUTONO !!!

PARECE QUE CHEGOU O OUTONO !!! on PhotoPeach

Ainda que polo tempo non parece ... o Outono xa está con nós, así que comezamos a explorar cos 5 sentidos ... a facer algún traballiño e a cantar cancións do Outono... que xa sei que algún cantou na casa... imaxínome que versionada á súa maneira !!!

bicos.

Bibi.