sábado, 26 de mayo de 2012

QUÉ TIPAZO ! ! !

Non vos asustedes ! Nin estamos tolos, nin imos falar dos nosos corpos serranos. . . o que pasa é que nestes días falamos do corpo dos dinosauros e das súas diferenzas e semellanzas co noso corpo. Pintamos un dinosauro grande, contamos cántas patas tiña, falamos de que as persoas non temos patas, que temos brazos e pernas  ( aínda que algún segue dicindo que ten patas . . .),  comparamos o número de dedos que teñen os dinosauros cos que temos nós, tamén comparamos as dentaduras. . . En fin, que como vos imaxinaredes xa, a conversa deu moito de sí porque leria temos moita . . .
Despois puxemos ao noso gran dino o nome dalgunhas partes do seu corpo e colocámolo no pasillo, pero . . . moi ao noso pesar . . . non asusta a ninguén . . . nin aos nosos irmáns pequenos . . . je je je . . .
E xa para rematar, cada un de maneira individual puxo o nome das partes do corpo ao seu dinosauro pequeno e coloreouno ao seu gusto.
Aqui vos deixamos algunhas fotiños e tamén un enlace novo para xogar cos dinosauros.


Cando entredes no enlace, para xogar cos dinos tendes que elexir o 1º trimestre (onde pon 1 T ) e despois pinchar onde pon "somos investigadores" ou pinchar directamente na imaxe do dinosauro que aparece debaixo do globo. Tamén hai outros contidos que non son de dinos pero vos poden interesar.

Bicos.



jueves, 17 de mayo de 2012

VIVAMOS COMO GALEGUIÑOS ! ! !

Como ben sabedes, hoxe celébrase o Día das Letras Galegas. 


Este ano, está adicado á figura de Valentín Paz Andrade e se pinchades no seguinte enlace podedes repasar algunha cousiña sobre él das que aprendimos xa na clase e facer algunha actividade.
INVESTIGANDO A VALENTÍN

Aqui vos deixamos tamén algunha das cousas que fixemos na escola nestes días.


VALENTÍN PAZ ANDRADE on PhotoPeach

E a continuación, a nosa pequena homenaxe a este día tan sinalado.

 VIVAMOS COMO GALEGUIÑOS ! ! ! on PhotoPeach

AH ! TENDES UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE DINOSAUROS EN NIGRÁN (PONTEVEDRA) , está ata o 23 de setembro, pero déixovos o enlace do sitio por si vos apetece aproveitar para visitala nestes días...


Moitos bicos e ata o luns !!!

FELICIDADES DANIEL ORELLANA ! ! !

Onte tivemos unha merenda moi especial, Daniel Orellana estivo de cumple e convidounos a merendar nada máis e nada menos que. . .  tiramisú ! ! ! Graciñas a Dani e á súa familia que fixo o tiramisú e nos acompañou á hora da merenda.
Un bico enorme.



viernes, 11 de mayo de 2012

A VOLTAS CO METEORITO ! ! !

     As nosas investigacións van vento en popa, e agora que ímos maiores  lemos bastante pola nosa conta. A nosa curiosidade é casi insaciable, e ás veces ó rematar o traballo preferimos ler libros de dinosauros antes que xogar nos rincóns.
     Estamos aprendendo un lote de cousas e para non esquecelas estamos elaborando un libriño con tanta idea nova que chega ás nosas cabeciñas.


A VOLTAS CO METEORITO . . . on PhotoPeach

FELICIDADES PABLO ! ! !

    Pablo cumpliu 6 anos esta semana e a súa nai fíxonos para merendar unha tarta de bizcoito  e palmeiriñas !
Estaba todo boísimo e papámolo como dinosaur@s . . .

Graciñas a Pablo e á súa nai e moitos bicos ! ! !


sábado, 5 de mayo de 2012

DINO NOVIDADES.

      Nesta semaniña, aínda que foi curta, fixemos un lote de cousas. Ademáis tiñamos cousas da semana pasada que non vos ensinamos, porque é tanto o que "argallan" as nosas cabeciñas pensantes, o que investigamos e o que traballamos. . . que é moi difícil facer vídeos resumo de toda a semana !!! 
    Estamos moooooi motivad@s, e o mesmo lemos, que xogamos ou vemos vídeos da BBC da serie "Caminando entre dinosaurios" cos que aprendemos un montón. . . 
    Algún xa dixo que quería ser paleontólogo. . . pero cando investigamos a Picasso dicían que querían ser pintores. . . así que non sei en qué quedará a cousa. . .
     Aquí vos deixamos un vídeo con cousas que fixemos esta semana e tamén a semana pasada . . . Desfrutade das nosas dino-novidades. . . 



DINO NOVIDADES on PhotoPeach

FELIZ CUMPLE ANA ! ! !

A nosa Ana é unha chica, aínda que iso xa o sabíamos . . . pero este xoves celebrou o seu cumple á hora da merenda convidándonos a unha tarta de bizcoito ríquísima e a unhas chocolatinas.
Graciñas Ana e moitos bicos ! ! ! Graciñas tamén á nai de Ana que veu ao cole a traernos a merendola e a axudarnos a repartila . . .