viernes, 30 de marzo de 2012

NOVIDADES E RECADIÑOS VARIOS...

Damas e cabaleiros, comprácenos anunciarvos que rematamos a nosa versión do Guernica, tras longos meses de traballo e investigacións...
Aproveito para agradecervos dende aqui ás familias a vosa colaboración, xa  que nos axudáchedes moitísimo a investigar e atopar información na casa para traer á escola e seguir investigando sobre Pablo Picasso no cole. Tanto foi así que me vin desbordada de información e aproveitamos para aprender a seleccionar o máis importante, ler polo miúdo o máis interesante e acorde á idade dos vosos fill@s, e un pouco máis por enriba as cousas máis difíciles ou que estaban repetidas. Sodes os máis colaboradores do mundo mundial !!!
Á volta das vacacións, veredes o libriño que elaboramos na clase con algunhas das cousas que aprendimos de Picasso.


A NOSA VERSIÓN DO GUERNICA on PhotoPeach




Tamén queremos ensinarvos cómo estivemos aprendendo o nome de distintas flores, agora que chegou a Primavera.




E LEMBRADE...


- AS CLASES COMEZAN O MARTES DÍA 10 DE ABRIL.
- TRAER UNHA PINZA DE MADEIRA (DAS DA ROUPA) CO NOME.

GRACIÑAS.

Bicos.

viernes, 23 de marzo de 2012

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Como vedes, imos de festa en festa... e celebramos toooodo canto hai.
O caso é, que este martes día 21 de marzo conmemorábase o Día Mundial da Poesía, e as nosas "cabeciñas pensantes" non podían deixar pasar tal acontecemento.
Estivemos traballando unha poesía de Carlos Reviejo adicada a Picasso que se titula "Este  Picasso es un caso".
Gustounos moitísimo, fíxonos rir un montón, atopamos o nome de Picasso na poesía un lote de veces, e intentamos aprendela e recitala...á nosa maneira... Para un concurso de recitado xa sabemos que non ímos... pero... pasámolo xenial ! (a pena é que o vídeo perda calidade ó subilo ó blog !!! Seguro que haberá outro xeito de subilo mellor, pero...de momento "servidora" non sabe... )
Aqui vos deixamos tamén algunhas fotiños traballando na poesía!


jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Aquí vos deixamos algunhas das cousiñas que fixemos hoxe no cole para celebrar o día mundial da auga.

DÍA MUNDIAL DA AUGA on PhotoPeach

martes, 20 de marzo de 2012

FELIZ PRIMAVERA !!!

Comentarios para Orkut

Comentarios para Orkut


Hoxe comeza a primavera, e na clase xa comezamos a falar dela, das flores, das plantas , das árbores... E ademáis hoxe rematamos as que van ser as portadas dos nosos traballiños... fixemos un xirasol...con pipas e todo !!! Mirade cánto traballiño... e qué caras de concentración temos cas pipas...




Xa imaxinades, que a pregunta do millón foi... " Bibi, las pipas que sobran, ¿las comemos? ". Non sei cántas veces o preguntaron... creo que para ver si despistada (ou por cansanzo...) lles dicía que si...
Pero moitos non as saben pelar, así que quedei de levarlles pipas peladas outro día, para quitarlles o antoxo.

E DE PREMIO, UNHA ANÉCDOTA DE HOXE NA FILA PARA PARTIRSE DE RISA...

Despois de soltar o meu sermón de día si e día non, de que temos que pensar, facer traballar o cerebro e bla, bla ,bla... Daniel Orellana ven a ensinarme o traballo e dime que lle saliu mal porque ten o cerebro apagado... Eu aguanto a risa e dígolle que o encenda, pero miro cara atrás e poño a orella á seguinte conversación:
- Alexis: Yo también lo voy a encender. El mío es de botón. (E toca do dedo índice na sien como si encendese o cerebro)
- Alexis: El tuyo es de botón o de manivela? (mirando a Pablo)
- Pablo: El mío de manivela.
- Alexis: Pues enciéndelo, que ya te va a tocar...

Aquí xa non puiden aguantar a risa... están sembrados ...

sábado, 17 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.

Esta foi a semana da prensa na escola, así que nós estivemos de ruta polos corredores do cole vendo as distintas primeiras páxinas de diferentes xornais que estaban pegadas polas paredes, falando dos seus nomes, comparando a letra, atopando titulares, pés de foto, ...
Despois estivemos vendo un vídeo no que nos explicaban cómo se facía un xornal e quedamos ca boca aberta vendo as máquinas enormes polas que pasaban antes de chegar ós quioscos...
E por último, e o máis divertido, convertímonos en pequenos xornalistas por uns días... Despois de escoller unha foto real recortada dun xornal, inventamos un titular de noticia para ela.
Son divertidísimos! Mirade...qué imaxinación temos...



E agora... a segunda parte... Ollo! Que hai moitas nocicias no Burgo...



P.D. Perdón pola enchenta de titulares...pero se non os poño todos algún o luns se me queixa ... E estou por facer un libro de reclamacións en serio, seguro que si teñen que escribir as queixas, algún protestaría ou se chivaría menos... je je je...

viernes, 16 de marzo de 2012

FELICIDADES XABIER !!!


Xabi estivo onte de cumple, convidounos a merendar bizcoito e unhas nubes riquisisisimas que fixo a súa nai e que tiveron moitísimo éxito... Sería interesante ter a receita desas nubes... Non si piratas??

Un bico para Xabi.

jueves, 15 de marzo de 2012

ESCRIBIMOS OS NOSOS NOMES COMO OS EXIPCIOS.

As nosas investigacións de Exipto xa están rematadas, pero non deixamos pasar unha oportunidade de pasalo ben! Por iso, o martes subimos á pantalla dixital para escribir os nosos nomes como os Exipcios, como se fosen xeroglíficos. A idea xurdiu de Sonia, a mamá de Pablo Vilar, que investigou con él na casa e atoparon unha páxina en internet na que podemos escribir o noso nome no teclado que vedes nas fotos e na parte superior van aparecendo os correspondentes signos exipcios.
Subimos con nen@s da clase da profe Elena e gustounos moitíííísimo, pero non tivemos tempo de facelo tod@s, por iso temos que voltar outro día.

Graciñas Sonia pola idea !!!


sábado, 10 de marzo de 2012

LANZAMENTO DE GORRA COMO DEPORTE OLÍMPICO !!!

Esta semaniña tócavos ler un pouquiño, porque teño que contarvos a última moda que causa furor á hora do recreo. Preguntarédesvos: É un xogo? non. É divertido? Según para quén... É o lanzamento de gorra como deporte olímpico... Si, damas e cabaleiros, así tal e cómo llo conto...
Explícome: A "gracia" consiste en lanzar a gorra dos amig@s do outro lado do valado do patio, pero non para calquera sitio, que iso non ten mérito, non, non... O mellor, (onde vai parar...) é lanzala onde non se pode recuperar, nas silvas do terreo do lado. E se non se ve a gorra porque foi para o fondo de todo e "tragárona" as silvas, moito mellor... Iso é a booooomba... A culpa é das silvas, que son moi tragonas...
Despois ven "o peliculón". No medio dun nutrido grupo de espectadores que se chivan ós profes de garda no patio (algún entre risiñas, porque o conto non vai con él ou ela), ó que quedou sen gorra non lle chegan os ollos para chorar máis, e ó "lanzador olímpico" repite unha e outra vez: " Te prometo, Bibi, que fue sin querer". Esa si que foi boa, sen querer non se lanza tan lonxe... pero qué lanzadores de béisbol se están perdendo... miña nai querida...
O caso é, que para poñer fin a esta nova moda, falamos moi seriamente da necesidade de levar a gorra posta, dos perigos do sol na cabeza e, sobre todo, de que a a ningún nos gusta que nos quiten as nosas cousas e as perdan.
Así que, o meu plan (malvado) para rematar con estas "olimpiadas", e que xa explicamos na clase, é que si lanzamos a gorra dun compañeir@ e queda sen ela o xusto é traerlle outra. Non pretendo que isto supoña un gasto máis para as familias, trátase de traer unha gorra que teñades na casa e que lles guste, que así ten máis mérito, para que se decaten do valor das cousas e de que a ninguén lle gusta quedarse sen elas.
Polo tanto, se nos próximos días chégavos unha notiña miña ca "feliz nova" de que tendes un "lanzador olímpico" na casa, xa sabedes... buscade unha gorra que teñades pola casa que lle guste ben para traer ó compañeiro que deixou sen ela e... apuntádeo a béisbol...
E despois deste monólogo (levanteime inspirada...) déixovos algunhas fotiños para que vexades que facemos algo máis que lanzamentos...

Bicos "olímpicos"


sábado, 3 de marzo de 2012

VIVA ROSALÍA !!!

Este ano celebramos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Nos corredores do 2 e 3º Ciclo está a exposición "Rosalía sempre viva, viva Rosalía !!!" e nós estivemos visitándoa e investigando un pouquiño sobre ela.
Temos que mandar un bico a unha amiga da profe que se chama Sonia, porque deixounos un billete de 500 pesetas e unha botella de edición limitada onde aparece Rosalía de Castro.

Viva Rosalía ! on PhotoPeach

viernes, 2 de marzo de 2012

FELICIDADES MARCOS RIAL !

Este luns Marcos trouxo unha tarta riquísima para merendar porque estivo de cumple e xa ten 6 anos.
Mirade qué forza ten soprando...

Un bico Marcos.