sábado, 25 de febrero de 2012

NON SÓ DE ENTROIDO VIVEN OS PIRATAS.

Como veredes, nestes días fixemos algo máis que choqueiradas.
Aqui deixamos os avances do noso Guernica compartido ca outra clase de 5 anos, e tamén os Guernicas individuais que fixemos. Todos están expostos no corredor de diante da clase e é curioso ver como cada un de nós ten a súa visión, porque todos son diferentes.
Temos que agradederlle á profe Eva (mamá de Xabi) a noticia sobre Picasso que nos trouxo, xa que con ela outra vez puidemos investigar a través do xornal.
Tamén contarvos que rematamos as nosas pesquisas sobre Exipto e Xabi trouxo dous libros cos que fixo unha "tese doutoral" sobre o tema.
E por último dicirvos, que a profe tén un pouco de manía con iso de facernos pensar... e trouxo un xogo para o rincón de lectoescritura co que nos sae o fume polas orellas...


viernes, 24 de febrero de 2012

viernes, 17 de febrero de 2012

CHEGOU O ENTROIDO. . .

Antes de ensinarvos o choqueiriñ@s que podemos chegar a ser, queremos mandar un bico para Paula, Brais Vázquez, Iván, Daniel Pereyra, Belén e Brais e Anxo Berjano, que estiveron maliños e non puideron vir á festa.

E un aviso, deixeivos o xogo das caras divertidas á dereita onde pon Enlaces favoritos, a petición popular, porque algúns mo reclaman todos os días... e non quero que me pidan o libro de reclamacións...

Quentando motores para o Entroido ! on PhotoPeach



Os choqueiros invaden O Burgo. on PhotoPeach

martes, 14 de febrero de 2012

O GUERNICA EN 3 DIMENSIÓNS.



Hoxe subimos á pantalla dixital cos nen@s da clase da profe Elena. Vimos tres vídeos curtiños sobre Picasso e o Guernica, pero o que máis nos gustou e nos impresionou foi este, no que vemos o cadro en 3 dimensións. A música é de Manuel de Falla, que dixeron as profes que foi un compositor moi importante.
Mandamos un bico para Antía, Daniel Pereyra e Brais Vázquez que están maliños.

sábado, 11 de febrero de 2012

AS NOVAS PICASSADAS E O NOSO PEQUENO GRAN HOME DO TEMPO

Nestes días as nosas investigacións de Picasso non avanzaron moito porque a gripe ven a por nós e déixanos sen forzas, podemos facer un concerto de toses ou concurso para ver quén se sona máis veces...e non se libra ninguén...nin a profe. Por certo, un bico a Xabi, Pablo e Xoana que están maliños.
Seguimos pintando no noso Guernica, sen prisa pero sen pausa, agora agardamos ir máis rápido porque tamén están pintando os nen@s da clase da profe Elena.
E nestes días de tanto frío, Carlos converteuse no noso pequeno gran home do tempo, porque trouxo un libro no que explicaba un lote de cousas interesantísismas, cómo se forma o vento, as nubes, a choiva...e todo o explica cun sorriso, ata o que non sabe ler ben... Graciñas Carlos. Gústasnos máis que Mario Picazo...


jueves, 9 de febrero de 2012

UNHA MAÑÁ DE CINE...

Esta mañá fixemos unha saída á Coruña no autobús. Alí leváronos ata o CGAI para ver varias curtametraxes de "As aventuras de Capelito".
Capelito é un cogomelo que resolve as situacións máis disparatadas ca súa habilidade para transformar o seu sombreiro de fungo en calquera outro tipo de sombreiro con só apertar o seu nariz máxico.


Pero queridos grumetes, o mellor de todo é que Capelito é un pirata igual que nós, e iso non no lo dixeron pola mañá, así que o que queira ver as súas aventuras de pirata que prema aqui:

sábado, 4 de febrero de 2012

Felicidades Brais Berjano!!!

Brais xa ten 6 anos e o xoves trouxo unha rica merendola para tod@s. Graciñas e un bico tamén para Anxo.